Sunday, July 5, 2009
Sunday, March 8, 2009
Curiosidades de London
Este Sábado pasado, 7 de Marzal do ano do re-cambio, de regreso de tomar un "brunch", que ven sendo unha combinación entre almorzo e xantar. En fin, para aqueles que son un pouco lacazáns e acordan tarde un Sábado ou un Domingo. Como ía dicindo, de regreso a casa coa miña moza atopámonos con esta sorpresiña nunha lavandería VIP. O típico que unha persoa calqueira pode atopar un día calquera en Caldas de Reis ou en calquera outra vila do mundo mundial, pois os ingleses tampouco son menos que nós. Queda dito.

at
5:59 AM
Posted by
O Neno
0
comments
Thursday, December 6, 2007
Capoeira Regional de Bimba
A Luta Capoeira Adoro a Capoeira. Dende que empecei a xogar non hai semán que falte. Obviamente, sempre hai algunhas incidencias de vez en cando: lesións, problemas lumbares, o último problema é unha dor intensa no costado dereito. O terrible nervo ciático. O lúns teño unha cita no hospital para que me fagan unhas placas e ver o que acontece por ahí abaixo. Namentras quédanos o pracer de ver os Capoeristas no tubo!
at
3:30 PM
Posted by
O Neno
0
comments
Sunday, October 14, 2007
Sunday, September 2, 2007
Fucking Hell!!!!!
O meu dominio do idioma galego non está moi saudable. Por pór un exemplo, esquecera o acento no título do meu blog. Escribira Perdeste en vez de Pérdeste. Seguro que debe haber máis erros entre os artigos que escribo. Se vedes un erro gramatical, castelanismos ou de calquera outro tipo facédeme savelo. Menos mal que o meu querido amigo de vozes livres fíxomo saber dun xeito moi sútil. Obrigado. Podería culpar ao sistmea educativo polos erros que cometo, pero iso non sería xusto. En parte, o motivo do meu blog, é obrigarme a escribir en galego, porque non o quero perder. Xa teño decidido o meu regalo de Nadal, un libro de gramática galega.
at
2:37 PM
Posted by
O Neno
0
comments
Labels: error gramatical, galego
Tuesday, August 21, 2007
10 Segredos importantes
Advertencia, de seguires información moi útil sacada do The Daily Telegraph. Ler a información en Inglés 10 segredos para lograr unha relación sentimental duradeira:
- Non ter os mesmos intereses
- Non traballar no mesmo lugar
- Ter mais dunha televisión
- Ter camas separadas
- Non comer xuntos
- Non vivir na mesma casa
- Non compartir os mesmos amig@s
- Ir de vacacións por separado
- Non pasar o Nadal xuntos
- Non ter a mesma conta bancaria
- Intereses diferentes: Eu gosto moito de ir a Capoeira e a ela non lle fai gracia ter os pes destrozados; a min góstame ir en bicicleta, se é posible, a miña nena encátalle contaminar o planeta; eu considérome 100% Galego e ela considérase 100% Andaluza - Española
- Non traballar xuntos: Isto debería ser obrigatorio para todas as parellas. Cando traballei nunha librería en Londres, das máis importante en temas de línguas estranxieiras, había unha parella que non paraba de magrear diante dos seus compañeir@s de traballo e de andar as escondidas para darse biquiños. E non só iso, pasaban de estar de boas a estar de malas máis rápido que as desabenencias do bipartido no goberno galego. Xa fora porque el miraba para unha meniña que entrara na tenda ou fose ela a que pousara os ollos nalgún raparigo lindiño. Tendo en conta o pendón que son e o que me gusta mirar para as mociñas é unha bendición non traballar coa miña compañeira, ao fín ollos que non ven corazón que non sinte.
- Máis Televisión: Encantaría ter máis dunha televisión, así evitaría ter que ver a serie Sex and the City e ela estaría encantada de non ter que aturar a Bender en Futurama. E o máis importante, evitar desgracias por tentar controlar o mando a distancia
- Durmir separados: A verdade é que un durme moi ben cando durme só. Desafortunadamente, este requisito vai ser imposible que se cumpra no meu caso.
- Non comer xuntos: Tendo en conta que so temos unha hora pra comer e o feito de traballamos a bastante distancia, este punto é obrigatorio.
- Vivir separados: Xa me gustaría, pero non é moi factible económicamente salvo que consigamos un traballo na City xunto coas maravillosas primas que reciben os nen@s alí, pero entón cumprir o punto segundo e quinto xa sería máis difícil de cumprir. Aínda que os cartos meu amigo...... son os cartos. Parece ser de que hai máis de dous millóns de persoas que aínda tendo unha relación seria deciden vivir por separado. Incluso ten un nome en inglés: Living Apart Together.
- Non compartir amigos: Hai moita xente que perdeu amig@s porque unha unha relación rematou mal ou moi mal.
- Vacacións separadas: Cúmprese ás veces, pero por sermos de sitio moi lonxanos, non porque o decidísemos facer. Ademáis non me vexo ir só de feiras a Brasil, Noruega, Suecia, Finlandia ou Tailandia, por poñer uns exemplos.
- Cada un na súa casa polo Nadal: Polo de agora cúmprese, mais que nada pola distancia que por outra cousa. E un dos problemas, ou beneficios, de ter unha moza que mora a máis de 1.000 km de distancia.
- Contas separadas: Amigos sí pero a vaca polo que vale.
at
4:29 AM
Posted by
O Neno
0
comments
Labels: amor segredos
Monday, August 20, 2007
Esqueiras mecanicas
Unha historia con retraso Ás veces é mellor quedarse na casa dun quietiño. O 7 de Xullo, celebrábase a saída do Tour dende Londres. Realmente, eu nunca fun moi aficionado ao ciclismo, de feito, cando algúns dos meus compañeiros de piso, na miña época santiaguesa, chupaban de principio a fin calqueira deporte que saíse pola tele, xa fose o Tour ou un campeonato de Truco, eu pensaba: Vaia carallada!, vaia xeito de malgastar o tempo.A miña idea mudou bastante dende que merquei unha bicicleta no mercado de Brick Lane, que seguramente foi roubada, e adícome a ir nela a todos os lados nesta cidade de tolos. A bici dache un independencia inmensa, por exemplo, non depender do transporte público para chegar a tempo ao traballo, cousa que eu non fago nin con bici, pero iso e outro conto. Tamén dache a oportunidade de descubrir partes da cidade que un descoñecía por completo e de mellorar a túa condición física que non é pouco. Fai uns cantos meses fun co meu amigo Gleisson a Richmond en bicicleta pola beira do rio Thames. É unha ruta preciosa, aínda que os mosquito molestan bastante nun día de calor. Hai un tramo entre Putney e Richmond que parece que un foi teleportado a un camiño de calquer monte galego, porque de repente apareces rodeado de árbores, silveiras e demais cousas vexetais. De feito as ponlas son tan tupidas que cando se vai facendo de noite e bastante complicado ver o camiño. E o que che ten esta cidade, podes pasar de estar no bar máis "chick" ou unha casa costa un ollo da cara ou máis e a 20 metros está a natureza en estado puro, ou unha das zonas máis chungas da cidade. En fin, que eu quería ir a ver a etapa contrarreloxo e animar a Oscar Pereiro, pero desafortunadamente tiña que ir a un xantar-cumpreanos dunhas amigas ferrolas da miña moza en Shepherds Bush. Vamos que estaba nunha situación que os ingleses chaman "double booking", aínda que o meu caso era máis un "triple booking" pois tamén quedara con Tenente, un dos meus profesores de Capoeira, para ir facer unha exhibición nun ximnasio no Sur de Londres. De todos os arranxos que tiña feitos os que máis me apetecían eran ir a ver a contrareloxo do Tour e ir a xogar á Capoeira. Fai un par de anos fora de vacacións a Paris a pasar uns cantos días de festa e paseando polos campos Elíseos pregunteille a un transeúnte por qué estaba todo valado. O home moi amablemente, díxome que era polo Tour de Francia, que hoxe era a etapa final. Lémbrome a mirada que me deu, como decindo "Neniñino, pero ti de onde saiches." Volvendo a Londres. Ese día quedara coa miña moza en Marble Arch. Saira da casa con retraso e para non facela esperar moito, decidin coller o metro en Sloane Square, os Sábados o autobús número 137 bota un feixe de tempo para ir dende Sloane Square ata Knightsbridge. A estación de Knightsbrigde estaba bastante chea e tiven que pelexar para facerme un sitio nun metro ateigado. Afortunadamente o traxecto dende Knightsbridge a Marble Arch fíxose bastante rápido apesares de ter que navegar xunto cunha marea de turistas e coller tres liñas. Cando cheguei a miña parada ía con máis de 10 minutos de retraso e con poucas ganas de ir ao xantar-cumpreanos. Marble Arch estaba ateigado e como os ingleses son moi práicos, cando van coller as esqueiras mecánicas soen arrimarse a dereita para os do Ferrari pasan fostiados. Eu sempre son dos que me arrimo a dereita, aínda que son de esquerdas ou pretendo ser, pero desta volta dedicin ser dos que levan unha máquina de máis cabalos dos que un pode aguantar. Todo ía de maravilla avanzando posicións como un lostrego ata que …. Bahmmmm…………… unha turista (que falaba español) metese no carreiro de alta velocidade sen interminente e faime cair de morros nas esqueiras. Nese momento, non quedo xuramento que non dixese contra a española, sempre me queixei dos turistas españoles en Londres, van andando como se estivesen pisando ovos. Pero as sorpresas aínda non acabaran, saindo do metro decátome que teña sangre no pe dereito e despois de revisalo vexo que tiña un corte superficial, pero bastante bo que me obrigou a poñer a inxección antitetánica ao día seguinte, e que xa non merecía correr moito. Xa chegaba tarde para encontrarme coa miña moza, xa non ía ir a ver o Tour nin a Pereiro, xa non ía ir a xogar a Capoeira e xa estaba escrito como ía pasar a miña tarde de Sábado: cura nunha unidade de atención primaria do Underground e despois nun xantar-cumpreanos dándolle ao papo e ao licor de leite. Boeno, menos da unha pedra aínda que ás veces e mellor quedar na casa dun.
at
3:01 PM
Posted by
O Neno
0
comments
Labels: london tour cumpreanos
Tuesday, August 7, 2007
Unha línea de código HTML fai colgar ao Navegador IE6
Un blog xaponés chamado Hamachiya2 informa que IE6 cólgase cunha só línea de código HTML. Podedes ler a versión inglesa do blog en I am Mike
O código que fai colgar IE6 é o seguinte:
<style>*{position:relative}</style><table><input></table>
Podedes ver un exemplo do erro visitanto esta páxina co navegador IE6.
at
4:43 AM
Posted by
O Neno
0
comments
Labels: CSS IE6 HTML
Friday, June 29, 2007
Picadilly Pechado
Hoxe pola mañan o meu amigo Gleisson despertoume pra dicir que Picadilly Circus estaba pechado e que a policia fora informada dun coche sospeitoso en Haymarket en Picadilly Circus.
Para máis información:
BBC News
The Guardian
The Independent
The Daily Telegraph
Times
at
1:27 AM
Posted by
O Neno
0
comments
Sunday, June 24, 2007
Musica para acordar con enerxia
Descubrín os Boom Boom Satellites (BBS) através de Sean que é un Flash Developer. BBS e un dúo xaponés formado por Michiyuki Kawashima e Masayuki Nakano. Segundo a páxina que hai na wikipedia sobre os BBS o tipo de música que fan pode catolagarse com big beat ou nu skool breaks. Coñecín a Sean na axencia XMLondon na que botei 3 anos da miña vida. Sean é un home moi interesante, bo e sempre disposto a compartir. É un apaixoado da cultura xaponesa, do cine asiático e do deseño. Unha vez a semán soía traer unha das súas películas a oficina e viamola no que lle chaman o Theatre Room. Eramos uns Reis, cervexa en man, algo para picar ás veces, unha pantalla grande e un sorround sound incrible. Aquí podedes ver uns cantos videos das cancións que máis me gustan. Boom Boom Satellites - Pill Boom Boom Satellites - Kick it Out Boom Boom Satellites - Fogbound Boom Boom Satellites - Light my Fire Boom Boom Satellites - Rise and Fall Pena que a miña moza non pense o mesmo.
at
5:03 AM
Posted by
O Neno
0
comments
Labels: musica
